mércores, 25 de marzo de 2020



A POZA DA MOURA

Esta lenda trouxerona Rodrigo Ferreiro e Naiara  Pereira.

Contada pola avoa de Rodrigo, Maruja Barbosa, da beira do mar, en terras de Domaio.

" A poza da Moura é o lugar, onde unha moza moura, namorou dun rapaz da nosa aldea.

Na aldea hai unha poza ben fermosa, e alí era donde os dous namorados tiñan os seus encontros segredos.

Mais un día o pai dela descubríunos.

Ao pai non lle gustaba aquel rapaz para a súa filla, polo que decidíu matalo.

A fermosa moura, chea de dor, tirouse a auga, e nunca máis se soubo dela.

Aínda que nas noites de verán, escóitanse os seus choros e laios, que fan que os corpos das xentes do lugar, sintan arrepíos.

E din que nas noites de San Xoán tense visto á moura ao lado da poza, nun ensimismamento que amosa a desesperación dun amor non fructificado, pola sinrazón e incomprensión dos sentimentos máis puros e nobres.

O amor entre dúas persoas.











martes, 24 de marzo de 2020

"XUNT@S IMOS A CONSEGUILO"


Comezamos unha andaina nova e queremos darvos a benvida a esta nova canle de comunicación.

Dende o CEIP Manuel Padín Truiteiro dámosvos as grazas e a benvida por moitos motivos:


  • Grazas por pensar en nós e escoller a nosa escola.

  • Grazas por deixar nas nosas mans o voso maior tesouro, os vosos fill@s.

De certo  que cando o deixástedes por primeira vez na escola, doeuvos a alma, pero xa vedes que non pasou nada todo o contrario,  entre tod@s tentamos facernos mellores persoas.

 Nós sabemos deses medos e inseguridades, sabemos o que sentides. Estade tranquilos que aquí, sabemos coidalos e querelos.

Tentamos  que a nosa escola sexa un lugar de bos recordos e boas ensinanzas para o devir futuro,
  unha porta aberta a un mundo  inclusivo, solidario, ceibe de fobias,respectuoso, de amizade, igualitario, de harmonia...etc.

O  anceio de tod@s nós e facer nen@s  FELICES e BOAS PERSOAS.

Queridos alumn@s:

" Que ninguén vos impida crer e  facer dos vosos soños , unha realidade".

Quico, Marián e Berta.

A POZA DA MOURA Esta lenda trouxerona Rodrigo Ferreiro e Naiara  Pereira. Contada pola avoa de Rodrigo, Maruja Barbosa, da beira ...