Dende o CEIP Manuel Padín Truiteiro dámosvos as grazas e a benvida por moitos motivos:
- Grazas por pensar en nós e escoller a nosa escola.
- Grazas por deixar nas nosas mans o voso maior tesouro, os vosos fill@s.
De certo que cando o deixástedes por primeira vez na escola, doeuvos a alma, pero xa vedes que non pasou nada todo o contrario, entre tod@s tentamos facernos mellores persoas.
Nós sabemos deses medos e inseguridades, sabemos o que sentides. Estade tranquilos que aquí, sabemos coidalos e querelos.
Tentamos que a nosa escola sexa un lugar de bos recordos e boas ensinanzas para o devir futuro, unha porta aberta a un mundo inclusivo, solidario, ceibe de fobias,respectuoso, de amizade, igualitario, de harmonia...etc.
O anceio de tod@s nós e facer nen@s FELICES e BOAS PERSOAS.
Queridos alumn@s:
" Que ninguén vos impida crer e facer dos vosos soños , unha realidade".
Queridos alumn@s:
" Que ninguén vos impida crer e facer dos vosos soños , unha realidade".
Quico, Marián e Berta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario